Aberto ó público en 1992 para aloxa-la que ata entón era a colección privada de arte máis importante do mundo, adquirida un ano máis tarde polo Estado Español, o Museo Thyssen-Bornemisza configura, co Museo do Prado e o Centro de Arte Raíña Sofía, o chamado Paseo da Arte madrileño: un extraordinario conxunto que reúne no corazón de Madrid os tres grandes museos nacionais españois.

Cun carácter moi complementario ás coleccións dos outros dous museos, os fondos que garda o histórico Palacio de Villahermosa enriquecen a sección de pintura antiga que se pode admirar no Prado e completan o panorama da arte contemporánea que ofrece o Raíña Sofía.

Alberga máis de mil cadros - incluída a Colección Carmen Thyssen-Bornemisza, recentemente incorporada ó Museo - a través dos cales traza o itinerario da historia da arte europea desde os seus inicios, no século XIII, ata os derradeiros anos do século XX, con especial riqueza en períodos e tendencias pouco representados nos museos españois: primitivos italianos e neerlandeses, renacemento alemán, pintura holandesa do XVII, impresionismo, expresionismo alemán, constructivismo ruso, abstracción xeométrica e pop.

  The Carmen Thyssen Bornemisza Collection. Link to homepage
 
Panoramic
 
Visitor Services
Thyssen Museum
 
España Español Japón Japonés
Reino Unido English Portugal Portugués
Francés Français Cataluña Catalá
Italia Italiano Galicia Galego
Alemania Deutsch País Vasco Euskera
 
  Thyssen-Bornemisza Museum Paseo del Prado, 8 - 28014 Madrid - España